Thursday 09 de May de 2024

MasterClass solidaria de zumba en Ordes


Terá lugar o vindeiro sábado, 6 de maio ás 18 horas no Campo da Feira. Os cartos das entradas e os alimentos recadados doaranse a Cáritas

O vindeiro sábado, 6 de maio, o Campo da Feira de Ordes será lugar de encontro ás 18 horas para os aficionados e aficionadas ao zumba de todas as idades. En colaboración co Concello de Ordes levarase a cabo unha MasterClass baixo unha gran carpa, conducida pola instrutora profesional Noelia Moledo, instrutora oficial Zumba. Non será a única xa que tamén están confirmadas as asistencias de Blanguer Y. Figuera, Lucía Gómez, Luisa Marina Arufe e Neri Josefina Salazar. Ademais tamén haberá exhibicións de Zumba Kids jr. e Zumba fitness.
A cita ten un marcado carácter solidario xa que unha vez sufragados os gastos de organización os cartos das entradas, 3 € por persoa, entregaranse a Cáritas. Tamén se pide colaboración entregando 1 quilo de alimentos non perecedeiros. Os nenos e nenas de ata 12 anos poderán participar gratuitamente.
As entradas xa se poderán adquirir a partir desta semana tanto nas instalacións deportivas Iván Raña como no local social de Cáritas, situado na rúa Víctor González Faya. Tanto os organizadores como o Concello de Ordes agradecen publicamente a colaboración de todos os comerciantes que participan desta iniciativa, entregando premios e agasallos que serán sorteados ao longo da xornada do vindeiro sábado.